O 78% das empresas ourensáns son familiares, con porcentaxes semellantes nos distintos sectores de actividade, aportando o 72% do emprego privado e o 59% do valor engadido na provincia.
As empresas familiares teñen unha serie de características culturais marcadas pola tradición e un alto nivel de compromiso por parte dos familiares xestores. Coas súas particulares capacidades, potencialidades e vantaxes competitivas deben asumir os retos propios de calquera compañía e, ademais, enfrontarse a outros propios da súa natureza.
A Cámara de Comercio de Ourense é cada vez máis sensible coas empresas familiares, realizando programas que deron lugar a estudios provinciais e nacionais, así como tamén ferramentas de axuda coas que afrontar os retos que xurden da sucesión, do cambio xeracional, a profesionalización da xestión e da harmonía entre familia e empresa.