Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» eAdministración

A Cámara de Comercio de Ourense, xunto coa Cámara de Comercio de España, poñen en marcha o programa eAdministración, para o fomento do uso da administración electrónica nas pemes, unha iniciativa cofinanciada no 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Obxectivo
A súa finalidade é achegar a Administración ás empresas e maximizar a mellora da súa produtividade e competitividade a través de servizos electrónicos completos, incorporando á súa actividade habitual a mellora de procesos e o uso das ferramentas relacionadas coa administración electrónica, a facturación electrónica e a sinatura dixital.

O programa eAdministración está orientado ás necesidades específicas das empresas participantes nesta iniciativa, incluíndo diagnose, apoio na implantación de solucións e difusión do coñecemento.

O programa materialízase a través das seguintes actuacións de apoio directo a empresas.

  • Fase I - Consultoría de Mellora de Procesos (CMP). Inclúe diagnose asistida e personalizada. Trátase dunha análise dos procesos da empresa para determinar os aspectos nos que a administración electrónica, a facturación electrónica e a sinatura dixital poden contribuír á mellora da produtividade e a competitividade: redución de cargas administrativas, axilidade nos procedementos coas administracións, automatización de procesos que incorporen evidencias electrónicas certificadas (sinatura dixital, selo de tempo, notificacións electrónicas certificadas etc.) que garantan a seguridade xurídica destes, posibilidade de implementar a facturación electrónica, etc.

    A consultoría concluirá coa elaboración dun Documento de Mellora de Procesos que servirá como guía para a fase de implantación. Ademais incluirá un informe sobre todos os trámites que pode realizar a empresa coas administracións, segundo a súa localización.

    As pemes disporán para todo elo dunha rede de asesores tecnolóxicos, pertencentes ás Cámaras, que apoiarán o desenvolvemento do programa.

    O importe total elixible polo programa será do 100 % do custo a financiar (ata un máximo de 660 euros), é dicir, que á empresa beneficiaria non lle supón ningún custo posto que está prefinanciado na súa totalidade pola Cámara de Comercio de Ourense.

  • Fase II: Implantación en Plataforma de Servizos (IPS). Nesta fase comeza a implantación dos procesos recollidos no Documento de Mellora de Procesos nunha Plataforma de Servizos.

    Finalizada a implantación, a empresa beneficiaria terá a posibilidade de realizar trámites coas administracións, facturar electronicamente, automatizar procesos internos e realizar transaccións mercantís coas certificacións xurídicas necesarias (sinatura dixital, selo de tempo, evidencias temporais, notificacións electrónicas seguras, etc.) para dar garantías e seguridade aos devanditos trámites e procesos.

    Durante un prazo de vixencia determinado, a empresa beneficiaria disporá, sen custo, dun paquete de dereitos de uso e/ou subscrición ás funcionalidades e servizos que ofrece a plataforma.

    O custo elixible asociado á implantación das solucións incluídas na fase II será de 1.000 € (IVE non incluído), sendo prefinanciados na súa totalidade pola empresa destinataria, que recuperará o 80 % do custo elixible asociado ao investimento realizado segundo os termos e contías acordados no seu plan de implantación, sempre e cando se xustifique o investimento realizado nos termos e prazos acordados.

Documentación do programa:

c Convocatoria

c Solicitude de participación


Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.