|
|
» Emprendedores |
Punto de Atención ao Emprendedor (PAE) Trámite de constitución de sociedades limitadas nova empresa, sociedades limitadas ou darse de alta como empresarios individuais (antiguo PAIT).
|
|
Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (PAEM)
Dirixido a mulleres con inquedanza emprendedora para apoiar os seus proxectos, tanto no inicio da idea empresarial como na súa posta en marcha e consolidación.
¿Queres crear a túa propia empresa e necesitas información sobre como facelo? O 20 de decembro levaremos a cabo un taller gratuíto onde se vai abordar como realizar un plan de empresa, as formas xurídicas máis usuais, os trámites a realizar coas distintas administracións, como realizar un bo plan de mercadotecnia e financeiro, así como as posibles axudas e subvencións ás que poderías optar, para que dunha forma práctica e sinxela poidas coñecer todo o necesario para poñer o teu negocio en marcha.
Este taller realízase en colaboración co Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e o Fondo Social Europeo.
Consulta aquí máis información da xornada.
|
|
Programa de Creación e Consolidación de empresas Para coñecer a viabilidade da túa idea ou aumentar a rendibilidade do negocio, con titorías e asesoramento individualizado. |
Nova convocatoria 2015. Programa realizado pola Cámara de Comercio
de Ourense, Inorde, Fundación Incyde e mailo cofinanciamento do Fondo
Social Europeo
|
|
Fomento do Espírito Emprendedor
Programa de concienciación dos alumnos de ESO, Bacharelato e FP sobre as posibilidades do autoemprego como unha opción profesional.
A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Servizos de Ourense como entidade colaboradora da Rede Eusumo, pon en marcha en 2017, unha serie de accións divulgativas e formativas para o fomento do cooperativismo e da economía social, baixo o título “Xornadas de fomento do espírito emprendedor cooperativo na escola” impartiránse en distintos centros educativos de Ourense e Verín 8 xornadas destinadas a alumnos de ensino secundario e formación profesional, encamiñadas a fomentar e estimular a capacidade emprendedora entre os alumnos/as de educación secundaria dos distintos centros de calquer área de coñecemento científico, técnico ou humanístico. Desta forma promóvese o desenvolvemento de proxectos empresariais innovadores relacionados coas distintas disciplinas abordadas nas especialidades formativas, susceptibles de transformarse en empresa. Preténdese achegar o modelo cooperativo a os alumnos para que contemplen a fórmula do autoemprego cooperativo, dando a coñecer as características do modelo cooperativo e as súas achegas sociais e económicas, así como coñecer casos reais de emprendemento cooperativo.
|
|
|
|
|