Condicións de participación
Os cursos organizados pola Cámara de Comercio de Ourense están dirixidos prioritariamente a empresarios e empregados da súa demarcación, co fin de ofrecerlles máis servizos e favorecer a súa formación, ademáis de desempregados que queiran formarse nas técnicas empresariais. |
|
|
|
|
Formación bonificada-Fundación Tripartita
Toda empresa dispón dun crédito anual para financiar accións formativas determinado polo ingreso realizado no ano anterior á Seguridade Social en concepto de cota de formación profesional e polo número de traballadores, ou ben aquelas de nova creación. Crédito que poderán facer efectivo mediante a aplicación de bonificacións á Seguridade Social, unha vez finalizadas a ou as accións formativas.
A Cámara de Comercio de Ourense, entidade colaboradora coa Fundación Tripartita, coa petición expresa da empresa, pode facilitarlle a contía que lle corresponde e informarlle de como debe levar a cabo as bonificacións.
Con obxecto de coñecer os requisitos e tramites a realizar para poder bonificar a formación a realizar polos traballadores das empresas, poden consultar o apartado da páxina www.fundaciontripartita.org "como bonificarche".
|