Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Plan de Desenvolvemento Tecnolóxico TIC Cámaras

A Cámara de Comercio de Ourense, xunto co Consello Superior de Cámaras, o cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e maila colaboración da Xunta de Galicia poñen en marcha o Plan de Desenvolvemento Tecnolóxico TIC Cámaras, no marco do programa operativo “Investigación, Desenvolvemento e Innovación por e para as Empresas–Fondo Tecnolóxico”.

O plan ten como obxectivo impulsar a incorporación das TIC á actividade habitual das pemes, como ferramentas competitivas claves na súa estratexia, así como maximizar as oportunidades que ofrecen para mellorar a súa productividade e competitividade.

Así, potenciará a adopción por parte das empresas de metodoloxías que permitan incorporar as TIC á súa actividade empresarial habitual. En definitiva, preténdese contribuír á mellora da competitividade das pemes, microempresas e autónomos mediante a adopción dunha cultura, uso e aproveitamento permanente das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nas súas estratexias empresariais, para lograr un crecemento económico sostido.

O plan caracterízase pola súa orientación cara as necesidades específicas das empresas destinatarias, mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía mixta de diagnose, apoio no proceso de implantación de solucións e difusión do coñecemento.

Para ampliar información e presentación de solicitudes, consulte os seguintes documentos:

 
Convocatoria do Plan de Desenvolvemento Tecnolóxico TIC Cámaras

 Solicitude de participación


Quere ser provedor rexistrado de TIC Cámaras?

Para converterse en provedor homologado compre presentar na Cámara o modelo de solicitude, xunto coa documentación que se indica no modelo:


Modelo de solicitude de Provedores Rexistrados

Modelo de declaración responsable


Descrición dos proxectos



Para contactar cos responsables do plan:

 
 (988 233 116)

    (988 368 148)


Programas y servicios
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.