Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Juan Carlos Parada, novo presidente da Cámara de Comercio

Juan Carlos Parada Rúa é dende hoxe o novo presidente da Cámara de Comercio de Ourense. A súa candidatura foi a única que se presentou á presidencia da entidade no transcurso do pleno extraordinario celebrado a primeiras horas desta noite e no que, ademais, se renovou parte do comité executivo para cubrir as prazas que deixaron vacantes Celso Barbosa, tras a súa dimisión como presidente, e Luis Rivera, que deixa a súa vocalía no órgano de goberno.

   
Así, xunto con Juan Carlos Parada como presidente, ao novo comité executivo se incorporan como vocais Santiago Ferreiro Pérez, representante no pleno do sector da construción, e José Vilarchao Cid, do sector de talleres de automoción.

Antonio Villarverde Pereiras, que xa ocupaba un posto como vocal, exercerá a partir deste momento as funcións de vicepresidente primeiro, mentres que os cargos de vicepresidente segundo e tesoureiro seguirán ocupados como ata agora por José Pérez Seara e Manuel Maneiro López, respectivamente.

Avanzar ao lado dos empresarios
Ao termo do pleno extraordinario, Juan Carlos Parada destacou que agora se inicia unha nova etapa que non ocultou "seguirá complicada, pois as Cámaras de Comercio e en particular Cámara Ourense teñen que posicionarse ante novos retos,". Recordou o novo presidente que "estes últimos catro anos foron moi difíciles e que é o momento de traballar duro para garantir a súa continuidade".

Acerca dos obxectivos do seu mandato, Juan Carlos Parada subliñou que a Cámara ha de abordar a súa modernización, adaptándose a un novo modelo cameral onde, dixo, "esta crise ten de marcar un punto de inflexión no que necesariamente haberemos de evolucionar e, sobre todo, avanzar ao lado dos empresarios", aos que fixo un novo chamamento á colaboración e participación na entidade.

Tamén valorou o presidente o novo comité executivo. Ademais de agradecer o traballo de Luis Rivera, Parada Rúa cre que a nova composición é moi equilibrada porque incorpora sectores de importancia na provincia como a construción e talleres de automoción.


Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.