Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» Cámara, Inorde e Fundación Incyde imparten un novo programa de creación e consolidación de empresas

O presidente da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada, o presidente do Inorde, José Manuel Baltar, e o director xeral da Fundación Incyde, Javier Collado, asinaron esta mañá un convenio de colaboración que permitirá a posta en marcha dun novo programa de creación e consolidación de empresas e autoemprego.

No programa, que se impartirá no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás, poderán participar ata un máximo de 25 proxectos e está dirixido a emprendedores cunha idea de negocio e empresarios que desexen consolidar e mellorar a rendibilidade da súa empresa ou avaliar outras alternativas de expansión.

Serán 320 horas de formación, das cales 280 horas dedicaranse á formación específica e á medida, con titorías individualizadas para cada proxecto, sendo o resto das horas empregadas en sesións conxuntas de contidos xerais sobre mercadotecnia, promoción e comercialización, aplicacións informáticas, xestión de información, internet, internacionalización, calidade, medio, finanzas e xurídico-fiscal.

Terceiro programa conxunto
Con esta iniciativa, Cámara, Inorde e Fundación Incyde dan continuidade á colaboración que manteñen en emprendimiento dende o pasado ano. Así, o Centro Agrogandeiro de Xinzo de Limia acolleu un primeiro programa para a creación e consolidación de empresas especializado en xestión agrícola, gandeira e forestal. Ourense foi a primeira provincia de España en realizar un proxecto formativo destas características, que serviu para impulsar iniciativas emprendedoras nos citados ámbitos. Participaron 22 proxectos que ían dende a recuperación, repoboación e aproveitamento forestal ata a transformación de castaña, elaboración de produtos agrícolas e gandeiros, patacas e outros como unha destilaría, conservas de orixe vexetal e granxas ecolóxicas.

O segundo programa desenvolveuse no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás cun total de 25 proxectos de diversos sectores económicos como comercial, alimentación, apicultura, construción, asesoría para inmigrantes, decoración ou artesanía.



Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.