Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» A Segunda Oportunidade incentivará a creación de novos negocios e emprego

O Proxecto de Real Decreto Lei sobre Segunda Oportunidade, que aprobou o Consello de Ministros, incentivará a creación de novos negocios e, polo tanto, a xeración de emprego. Para a Cámara de Comercio de España este Decreto rematará coa situación de insolvencia e de exclusión social de tantos emprendedores que, tras un fracaso empresarial, se viron abocados a responder co seu propio patrimonio, o que contribuirá a que os españois perdan o prexuízo a emprender, evitando o estigma do fracaso e poder nun futuro iniciar unha nova aventura empresarial.

Así mesmo, a Cámara de Comercio de España valora positivamente as funcións de mediación e arbitraxe que outorga o Real Decreto Lei ás Cámaras de Comercio para "garantir a transparencia e a ausencia de conflitos de interese".

Ademais, poderán desempeñar funcións adicionais que permitan auxiliar aos emprendedoresen materia concursal tales como as de asesoramento, preparación de solicitudes de designación de mediador, de acordos extraxudiciais de pagamentos, preparación da documentación, elaboración de listas de acredores, créditos e contratos e de avaliación previa de propostas de convenio,".

Estas medidas supoñen un recoñecemento ao labor desenvolvido polas Cámaras de Comercio para o impulso e desenvolvemento da mediación na resolución de conflitos na actividade empresarial.

As Cámaras de Comercio contan cun Servizo de Mediación que se implantou de forma homoxénea en todo o territorio nacional, e caracterízase pola súa sinxeleza, voluntariedade e a disposición dun equipo técnico de mediadores cualificados e homologados polas Cámaras. Ata o momento, foron formados máis de 300 mediadores nas Cámaras. Así mesmo, as distintas Cámaras contan 198 inscritos nas súas Listas de mediadores.

Entre os seus principais obxectivos está contribuír como vía complementaria ou alternativa á solución de conflitos, por unha parte, e, tamén, mellorar a competitividade das empresas, resolvendo os conflitos de forma áxil, eficaz e pouco custosa para as empresas.

As Cámaras son institucións idóneas para tal labor:
- Son Corporacións de Dereito Público ás que o lexislador indicou expresamente que actúen como institucións de mediación civil e mercantil.
- Teñen prestixio e experiencia no apoio á solución de conflitos.
- Dispoñen de medios e espazos para o desenvolvemento das funcións de mediación.
- Contan dende 1993 cunha rede de máis de 40 Cortes e Tribunais de Arbitraxe.
- Son próximas ao ámbito económico e empresarial da súa demarcación, dende a súa capilaridade territorial.
- Ofrecen axilidade, flexibilidade e eficacia.

Experiencia en segunda oportunidade
O dereito a unha segunda oportunidade foi unha antiga reivindicación das Cámaras de Comercio. De feito, en colaboración co Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, desenvolven o programa RELANZA, un programa gratuíto para asegurar a continuidade de pemes e autónomos, que atravesan por unha difícil situación financeira.

O Programa pon á súa disposición un consultor que, de forma práctica e individualizada, asesora e axuda á empresa a coñecer a súa verdadeira situación e tomar as decisións máis acertadas para salvar o negocio. Para os empresarios que necesariamente estean obrigados ao peche, o programa axuda a liquidar a empresa de forma legal e ordenada, co fin de que a disolución teña o menor impacto económico para o empresario e os seus familiares. Nestes casos, o programa ofrece tamén unha "Segunda Oportunidade" ao empresario, iniciando unha nova actividade empresarial para o que conta con asesoramento e apoio técnico dende o principio.


Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.