Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» A Cámara inicia un programa de axudas para implantar a administración electrónica nas empresas

Achegar a administración ás empresas a través de servizos electrónicos completos é a finalidade do programa eAdministración, que a Cámara de Comercio de Ourense acaba de poñer en marcha, coa colaboración da Cámara de Comercio de España e o cofinanciamento dos fondos europeos FEDER.

O punto de partida deste programa é axudar as pemes a mellorar a súa produtividade e competitividade, incorporando á súa actividade habitual procesos e ferramentas relacionadas coa administración electrónica, a facturación electrónica e a firma dixital, para o cal poderán dispoñer de axudas do 80% do custo de implantación.

Seguindo a liña dos programas de innovación que desenvolven as Cámaras, eAdministración centrarase nas necesidades específicas das empresas participantes, incluíndo nos traballos a realizar diagnósticos, apoio á implantación de solucións e difusión do coñecemento.

O programa consta de dúas fases. Na primeira realízase un diagnóstico asistido e personalizado, analizando os procesos da empresa para determinar os aspectos nos que a administración electrónica pode contribuír á mellora da produtividade e a competitividade. Entre estes aspectos figuran, por exemplo, a redución de cargas administrativas, axilidade nos procedementos coas administracións, automatización de procesos que incorporen evidencias electrónicas certificadas (firma dixital, selo de tempo, notificacións electrónicas certificadas etc.) e que garantan a seguridade xurídica destes ou a posibilidade de implantar a facturación electrónica.

Esta primeira fase concluirá cun Documento de Mellora de Procesos que servirá como guía para a segunda parte do programa, a implantación, que se levará a cabo sempre coa axuda de asesores tecnolóxicos pertencentes ás Cámaras.

Unha vez concluída esta segunda fase a empresa beneficiaria, a través dunha plataforma na rede, terá a posibilidade de realizar trámites coas administracións, facturar electronicamente, automatizar procesos internos e realizar transaccións mercantís coas certificacións xurídicas necesarias  para dar garantías e seguridade aos devanditos trámites e procesos.


Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.