¿Precisa enviar a calquera país e de xeito temporal algún tipo de mercadoría?
A Cámara de Comercio de Ourense axúdalle a tramitar a emisión do CADERNO ATA, documento de Admisión Temporal de Mercadorías, válido por un ano e para calquera produto non perecedeiro (alimentos ou bebidas), ou que requira unha elaboración ou reparación.
O Caderno ATA permítelle:
- Mostrar produtos en feiras e exposicións, tanto de carácter comercial como privadas ou oficiais.
- Ensinar mostras en varios países sen necesidade de cambiar de documentación.
Nota: o movemento de mercadorías dentro do territorio Aduaneiro da Unión Europea non require Caderno ATA agás para viaxar á Comunidade Autónoma Canaria ou dende esa Comunidade Autónoma.
- Mover mercadorías e equipos para realizar traballos profesionais (instalacións técnicas, acontecementos deportivos, cine, etc.)
¿Que vantaxes lle aporta?
- Rapidez e facilidade na obtención do documento.
- Posibilidade de viaxar a un gran número de países co mesmo documento.
- Trámite aduaneiro áxil e sinxelo.
- Garantía única, con independencia do número de países que se visiten.
Aquí pode vostede descargar todos os documentos que precisa cumprimentar para obter o seu Cardeno ATA
Solicitude novo caderno ATA
Anexo II (códigos país)
Solicitude de folla adiccional de lista de mercadorías
Texto axuda da solicitude
TARIFA: 155 €
- 136 € por taxa de emisión
- 10 € por taxa WATAC (seguro)
- 9 € por impresos
Se desexa realizar unha consulta ou pedir máis información pode contactar co Departamento de Internacionalización de Empresas en
|