Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» A Cámara ensina ás Mulleres Emprendedoras a Elaborar un Plan de Empresa para o seu Futuro Negocio

O plan de empresa; garantía cara ao éxito é o título da xornada que a Cámara de Comercio de Ourense celebrará o próximo martes día 20, e que ten como principais destinatarias ás mulleres emprendedoras.

De feito, esta cita enmárcase nas accións deseñadas dentro do Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (PAEM) que durante os últimos cinco anos atendeu máis de 800 usuarias.

Precisamente a xornada comezará informando as asistentas sobre o funcionamento e os servizos que poden atopar no PAEM. Promovido polo Instituto da Muller e Cámara Ourense e co apoio do Fondo Social Europeo, o seu obxectivo é sensibilizar as mulleres sobre a opción do autoemprego e apoiar as súas iniciativas empresariais en calquera fase do proxecto, xa sexa no inicio da idea como na súa posta en marcha e consolidación.

O PAEM, ademais, ofrece microcréditos para emprendedoras, dentro dun convenio subscrito entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e Microbank de La Caixa. Mediante este convenio ofrécense empréstitos de ata un máximo de 25.000 euros.

Como facer un plan de empresa
A xornada do martes, de carácter gratuíto, fará incapié nesta ocasión na elaboración dun plan de empresa, para o cal abordará aspectos como a forma xurídica que mellor conveña ao proxecto, as axudas e subvencións que se poderían solicitar, o deseño do plan comercial e, por suposto, do plan financeiro do negocio.

A cita celebrarase en horario de nove da mañá a dúas da tarde e todas as mulleres interesadas poden obter máis información na sede central da Cámara e as inscricións poden facerse a través da páxina web www.camaraourense.com ou correo electrónico paem@camaraourense.com


Xornada: Plan de empresa; garantía cara ao éxito
Día: 20 de decembro de 2016
Hora: 09.00-14.00 h
Lugar: Cámara de Comercio



Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.