Galicia e o Norte de Portugal queren facer realidade a Europa das Rexións. Un obxectivo común que se asenta nas históricas relacións comerciais, sociais y culturais de ámbolos dous países.
A Cooperación Transfronteiriza é vital para unha Eurorrexión con máis de seis millóns de habitantes, a maior concentración demográfica e a área de maior dinamismo de toda a fronteira luso-española, condicións que lle outorgan unha importante vantaxe á hora de competir no contexto ibérico e europeo.
O futuro da nosa Eurorrexión ten sólidas bases construídas a través do tempo, piares que han de soster unha sociedade e economías propias do século XXI e que precisan de novas estratexias.
Este Congreso quere subliñar a importancia que neste proceso teñen os emprendedores e a innovación. Os primeiros xeran riqueza e emprego a través das súas ideas, do seu entusiasmo e do seu esforzo. O impulso á innovación é un factor esencial de crecemento e garante a continuidade no mercado.
Galicia e o Norte de Portugal teñen moito que dicir en Europa e encontros como este servirán para afianzar os lazos dunha cooperación histórica que seguimos fortalecendo en clave de futuro.