|
» Observatorio Económico Local |
O Observatorio Económico é unha das principais ferramentas de traballo da Antena Local de Verín e constitúe o exemplo práctico do compromiso da Cámara de Comercio de Ourense por lograr unha atención directa aos empresarios a través da descentralización dos seus servizos.
O Observatorio Económico permite obter unha información moi valiosa sobre a realidade empresarial de cada zona, de modo que a Antena poderá adaptar os servizos que presta e formular novas iniciativas.
Así, o seu obxectivo fundamental é:
Detectar necesidades locais para o desenvolvemento empresarial da comarca. Trasladar á Administración as necesidades da zona. Servir de termómetros económicos. Aproveitar as capacidades do tecido empresarial. Promover iniciativas de desenvolvemento económico.
O Observatorio Económico Local presentou o 4 de decembro de 2008 un amplo Estudio Socioeconómico de Verín.
O Observatorio Económico está integrado polos representantes de:
Cámara de Comercio
Concello de Verín
Antena Local
Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Verín
Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Monterrei-Verín
Asociación de Empresarios e Industriais de Verín
Asociación de Hostaleiros
Asociación de Empresarios do Polígono de Pazos
Sindicato Labrego Galego
Confederación Intersindical Galega
Unión Comarcal UXT-Verín
CC.OO.
Consello Regulador de Denominación de Orixe Monterrei
|
|
|
|