Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » A Cámara de Comercio, en apoio do 1,5 % cultural para a praza de abastos

A Cámara de Comercio de Ourense expresa o seu total apoio á solicitude do 1,5 % cultural do Ministerio de Fomento para a reforma integral da praza de Abastos número 1 de Ourense, sumándose así á campaña que, con este fin, puxo en marcha a asociación de comerciantes e industriais do mercado.

O Comité Executivo da Cámara de Comercio subliña a gran oportunidade que se abre cara a rehabilitación da praza de Abastos coa partida estatal destinada á recuperación e conservación do patrimonio, que de se conseguir permitiría rematar cunha débeda histórica para con este recinto e os profesionales que alí desenvolven o seu traballo.

A praza de Abastos de Ourense non é un simple mercado, xa que nel concorren moitas características que o convirten nun espazo singular. Comezando polo propio edificio, construído a principios do pasado século polo arquitecto Manuel Conde, que elixiu un deseño máis señorial e casi palacego que por unha estrutura típica de mercado.

Máis aló de consideracións históricas, a praza número 1 de Ourense xoga un papel destacado na economía da cidade, pois xera preto de 800 postos de traballo directos e indirectos, profesionais ourensáns que crean riqueza e que, como valor engadido, ofrecen produtos  orixinarios da provincia nun labor de promoción moi importante. Na actualidade e froito do esforzo dos xerentes, a asociación soubo tamén atraer a preto de trinta mozos emprendedores que abriron o seu negocio, co pulo que elo supón á creación de  empresas.

O Comité Executivo salienta tamén a ubicación do recinto, As Burgas, zona declarada como Ben de Interese Cultural, pero sobre todo en pleno corazón termal de Ourense. Calquera proxecto termal impulsado dende a iniciativa pública ou privada nesta zona da cidade terá que ter sempre en conta a presenza da praza de Abastos, que ao igual que sucedeu noutras cidades españolas pode chegar a se converter nun foco de atracción para turistas e visitantes.

Pola súa historia, singularidade, peso económico e indubidable valor no futuro termal de Ourense, o Comité Executivo da Cámara de Comercio fai unha chamada a todos os axentes sociais e económicos da cidade para que tamén expresen, publicamente, o seu apoio á solicitude do 1,5 % cultural.

Unha petición que debe estar acompañada por unha imaxe inequívoca de unidade, á que por suposto han de sumarse todos os partidos políticos con representación municipal, pero tamén os presentes nas institucións provincial, autonómica e nacional. A todos eles, o Comité Executivo da Cámara reclama altura de miras e consenso para conseguir, dende a unidade, a subvención estatal que permitirá, como logro de todos, ofrecer aos ourensáns o mercado que sempre mereceron.


Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Утепление и защита от влаги Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.