Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» Misión comercial inversa de importadores e distribuidores do sector funerario

Importadores e distribuidores do sector funerario procedentes de México, Chile, Colombia e Perú participarán nunha misión comercial inversa liderada pola Cámara de Comercio de Ourense e que se desenvolverá entre os días 5 e 9 de novembro. Unha acción que a Cámara fai coincidir con Funergal, a Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios que durante esas datas se celebra en Expourense, apoiando deste modo unha actividade empresarial de forte arraigamento na provincia.

Cofinanciada con fondos FEDER e a Deputación provincial de Ourense, esta misión enmárcase no programa de accións complementarias do Consello Superior de Cámaras de Comercio.

Os importadores invitados nesta misión chegarán a Funergal cunha ampla axenda de entrevistas que levarán a cabo no centro de negocios da feira. A Cámara de Comercio de Ourense apoia así ao sector, nun momento no que se fai necesario volver a mirada cara aos mercados exteriores, como unha alternativa para a ampliación e diversificación do negocio.

Esta é a cuarta acción de internacionalización que organiza a Cámara de Comercio de Ourense para o sector funerario, despois das desenvolvidas en 2003 cunha viaxe empresarial a Coventry (Reino Unido), en 2005 coa visita a Ourense dunha delegación de importadores mexicanos e en 2012 cunha delegación empresarial procedente de Rusia, Alemaña e Reino Unido.

Promoción de sectores locais
Se ben as Cámaras de Comercio de Galicia traballan para o conxunto das empresas da comunidade, moitas das accións de internacionalización que organiza a corporación ourensá tamén pretenden promover algúns dos sectores destacados da economía local.

Así, no último decenio e dentro dunha estratexia de promoción exterior, a Cámara organizou 14 misións comerciais inversas que fixemos coincidir cos salóns celebrados no noso recinto feiral, apoiando sectores como o termalismo, a viticultura ou, como no caso que nos ocupa, o sector funerario.

Mentres e dende principios de ano, a Cámara de Comercio de Ourense colaborou na organización de preto de corenta accións de internacionalización lideradas por outras Cámaras galegas e incluídas no Plan Foexga 2014, coa presenza dunha vintena de empresas da provincia.


Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.