Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» A Cámara pon en marcha o Instituto Cameral de Idiomas de Ourense

O presidente en funcións da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada Rúa, e o director xeral do Instituto Madrileño de Formación, Carlos Martínez Domínguez, asinaron esta mañá un convenio de colaboración que permitirá a posta en marcha do Instituto Cameral de Idiomas de Ourense.

Esta iniciativa nace coa finalidade de capacitar os alumnos no axeitado uso dos idiomas, facilitando deste modo un nivel óptimo de comunicación no ámbito laboral e profesional cos interlocutores doutros países. O Instituto Cameral de Idiomas de Ourense acredita os coñecementos adquiridos para os distintos niveis nos que se estrutura a formación en idiomas, dentro do marco común Europeo de referencia para as linguas do Consello Europa.

 
O centro comezará a súa actividade ofrecendo seis idiomas: inglés, francés, alemán, portugués, chinés e ruso, estruturados en seis niveis, que van dende a iniciación básica e avanzada ata o cuarto e último dos graos. O instituto tamén realizará unha proba a todas aquelas persoas que non poidan acreditar o seu nivel de coñecemento dun idioma mediante un certificado válido.

Certificados oficiais
Cabe destacar que a preparación dos alumnos está orientada a obtención dalgúns dos certificados oficiais existentes na actualidade para os idiomas ofertados, como son o Cambridge English, Guethe Institut, Institut Francais e Confucius Institute.

As clases comezarán a finais de outubro ou principios de novembro. Ademais, as empresas interesadas en ofrecer aos seus traballadores esta formación poderán acollerse á bonificación das cotas na Seguridade Social que ofrece a Fundación Tripartita.

Durante a presentación do Instituto Cameral de Idiomas de Ourense, o presidente en función da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada, recordou o importante traballo que a entidade realiza en formación, tanto para empresarios coma para traballadores, de modo que esta iniciativa supón un paso máis "especializándonos no ámbito dos idiomas, indispensables para as nosas empresas á hora de abordar o comercio exterior".

Nesta mesma liña expresouse o director xeral do Instituto Madrileño de Formación, Carlos Martínez, quen sinalou que un dos principais déficit dos profesionais do noso país se encontra nos idiomas, "cuxo dominio se converte nunha vantaxe competitiva sobre todo en áreas como o comercio exterior".

Todos os interesados en obter máis información ou inscribirse no Instituto Cameral de Idiomas poden consultar o
portal en internet da Cámara ou acudir a calquera dos centros en Ourense, o Viveiro de Empresas e as antenas locais de Verín e O Barco de Valdeorras.


Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.