Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Comeza un novo programa de creación e consolidación de empresa

O Centro Transfronteirizo de Barbadás acolleu hoxe o inicio dun programa de creación e consolidación de empresas, que promoven a Cámara de Comercio de Ourense, o Inorde e a Fundación Incyde e no que participarán un total de 25 proxectos. Os seus impulsores terán o apoio especializado que necesitan para poñer en marcha o seu negocio, consolidalo, mellorar a súa rendibilidade ou avaliar a súa expansión.

O programa, que conta co apoio do Fondo Social Europeo, recibiu unha trintena de solicitudes de participación, das cales finalmente foron seleccionadas vinte e cinco. Catro dos inscritos correspóndense con empresarios que queren poñer en marcha un plan de mellora, mentres que os restantes son emprendedores que chegan a este programa cunha idea inicial ou ben cun proxecto máis avanzado. O perfil é maioritariamente feminino e a idade media é de 41 anos.

Polo que respecta aos proxectos, as propostas van dende o sector comercial tradicional á venda a través de internet, alimentación, apicultura, asesoría para inmigrantes, construción, artesanía ou decoración.

Visión global de empresa
Cunha duración de 8 semanas, o obxectivo do programa é proporcionar a emprendedores e empresarios unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa, co fin de determinar oportunidades de mercado e desenvolver o plan de empresa ou, no seu caso, o plan de mellora. Todo iso co apoio de ferramentas de xestión que lles axudarán a reducir, grazas ao estudo e planificación previos, os niveis de incerteza.

As áreas temáticas que se abordarán durante os dous próximos meses serán dirección de proxectos, mercadotecnia, promoción e comercialización; creatividade, innovación e transferencia de tecnoloxía; aplicacións informáticas (xestión da información) internet e redes sociais; xurídico fiscal; finanzas; calidade, prevención de riscos, medio e igualdade de oportunidades.

Ademais dun titor que dende o principio ao final os axudará no desenvolvemento do seu plan, os asistentes contarán co apoio de especialistas con ampla experiencia profesional e docente, con sesións conxuntas semanais e consultarías individualizadas.


Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.