Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Presentación do programa de renovación do tecido comercial galego

O primeiro programa da Xunta para a renovación do tecido comercial impulsará con 3 millóns de euros a transmisión xeracional e a posta en marcha de iniciativas innovadoras no sector, potenciando a adaptación do comercio de proximidade galego ás novas demandas dos consumidores e mellorando a súa competitividade, ao tempo que se garante a continuidade do saber facer, a calidade e a profesionalidade que o caracterizan.  O programa conta coa colaboración das Cámaras de Comercio de Galicia que, mediante un convenio dotado con 600.000 euros, ofrecerán asesoramento específico en ámbitos como o emprendemento, a remuda xeracional, o comercio electrónico e as redes sociais ou a mellora do punto de venda.

A presentación do programa tivo lugar esta mañá na Cámara de Comercio de Ourense, coa presenza da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e mailo presidente da entidade, Celso Barbosa.

O asesoramento especializado que prestarán as Cámaras de Comercio constitúe un dos tres eixes desta iniciativa. O primeiro dos ámbitos en que incide o novo programa é a transmisión comercial, apoiando a continuidade daqueles negocios que veñen funcionando desde hai anos ao tempo que se incentiva os emprendedores que queren iniciar a súa andaina comercial nun negocio xa consolidado no sector e viable. Así, co obxectivo de potenciar a creación de emprego mediante a transmisión aos novos comerciantes tanto do comercio como do coñecemento e a experiencia do seu titular, ponse en marcha una nova convocatoria de axudas por importe de 500.000 euros.

   
Poderán beneficiarse desta iniciativa os responsables de comercios que teñan 64 anos ou máis e que veñan desenvolvendo a súa actividade polo menos 10 anos ininterrompidos, así como os novos emprendedores designados para continuar co negocio empresarial. Os transmisores poderán recibir axudas de 700 euros mensuais ata a idade ordinaria de xubilación, ou un único pagamento de 700 euros se xa a teñen.

Os que retomen a actividade recibirán apoios por 2.000 euros e formación por parte do comerciante experimentado durante un mínimo dun mes. Como complemento á orde de axudas, poñerase en marcha unha plataforma en liña onde todos os interesados poderán consultar os negocios dispoñibles.


Por outra banda, no eido da innovación, poñerase en marcha unha orde de axudas por 1,9 millóns de euros destinada a comerciantes retallistas e federacións do sector, así como a titulares de obradoiros artesanais e asociacións profesionais de artesáns. Nesta convocatoria, que se publicará no Diario Oficial de Galicia en próximas datas, os comercios e as empresas artesáns poden obter axudas de ata preto de 40.000 euros para a posta en marcha de novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que combinen o comercio on line e o off line ou que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Tamén para a implantación de ferramentas que melloren a xestión do negocio e o deseño dos seus produtos que non fosen utilizadas con anterioridade, e para o desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetaxe. Dentro desta orde, as federacións de comerciantes poderán optar a apoios de ata preto de 5.000 euros para o desenvolvemento de sistemas de mcommerce (comercio a través do móbil), aplicacións e webs.

Impulso á competitividade do sector artesán
Nesta mesma convocatoria, apoiaranse con ata 85.000 euros as asociación profesionais de artesáns no desenvolvemento de sistemas de etiquetaxe intelixente, que acheguen información sobre os produtos e o seu proceso de elaboración, e que deberán implicar, como mínimo, 20 obradoiros. Estas entidades tamén poderán desenvolver con ata 65.100 euros de axuda proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

Estes apoios ás asociacións e ás empresas artesás enmárcanse no novo Plan de artesanía de Galicia, unha folla de ruta que ten por obxectivo conseguir un sector artesán sólido e sustentable no tempo e que contribúa ao crecemento da economía galega, incidindo na competitividade empresarial e a potenciación do talento. A porcentaxe de axuda na convocatoria de modernización alcanza o 70% do investimento subvencionable e increméntase ata o 75% para os proxectos localizados nas provincias de Lugo e Ourense e nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, así como na Costa da Morte.


Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.