Un total de 31.121 electores están chamados ás urnas o 10 de abril para renovar o Pleno da Cámara de Comercio de Ourense
Aberto o prazo para presentar candidaturas a uns comicios que permitirán renovar o Pleno da institución
Ourense, 1 de febreiro de 2018.- A Dirección Xeral de Comercio e Consumo publicou no Diario Oficial de Galicia de onte día 31 de xaneiro de 2018 unha resolución pola que se convocan para o próximo 10 de abril as eleccións para a renovación dos plenos das Cámaras de Comercio de Galicia. Na provincia de Ourense están chamados ás urnas un total de 31.121 electores, quen na devandita data poderán exercer o seu dereito ao voto para elixir aos 20 vogais do pleno.
O prazo para a presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o día 22 de febreiro ás 24.00 horas.
A Cámara de Comercio de Ourense poñerá na súa páxina web (www.camaraourense.com ) todos os modelos normalizados para a presentación e apoio das candidaturas.