Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » PREMIO PEME DO ANO 2017. FINALISTAS DO PREMIO PEME DO ANO DE OURENSE

Ourense, 29/09/17.-O xurado do Premio Peme do Ano de Ourense elixiu ás empresas BERMELLO MOS, S.L., MECANIZADOS RODRIGUEZ FERNÁNDEZ, S.L. e OPENHOST, S.L., como finalistas deste galardón, convocado pola Cámara de Comercio de Ourense, e o Banco Santander, coa colaboración do diario A Rexión.

O xurado destacou, a súa aposta pola formación e innovación, a súa vocación internacional e o emprego de calidade como méritos principais das tres empresas finalistas.

O nome da empresa gañadora darase a coñecer nun acto na Cámara de Comercio de Ourense  o próximo mes de outubro.

O xurado do Premio Peme do Ano de Ourense estivo composto por Vitoria Rois García, Secretaria Xeral da Cámara de Comercio de Ourense, María Jesús Luengo, Directora de Comunicación e Markéting da Cámara de España, José Manuel Rodríguez González, Xerente do INORDE, Antonio Nespereira Pérez, representante do Grupo A Rexión e D. Luís Mourenza Fernández, Director de Zona de Banco Santander. 

Un total de catro empresas pasaron á fase final do Premio Peme do Ano de Ourense, convocado con vocación de subliñar o papel das pemes españolas na xeración de benestar xeral para o conxunto da sociedade española. Este proxecto respondeu ao interese da Cámara de Comercio de Ourense e o Banco Santander por axudar ao progreso das empresas e as familias e pretende recoñecer e dar visibilidade ao esforzo diario dos empresarios e a súa contribución ao desenvolvemento económico e á creación de emprego. A iniciativa, ademais, profunda a colaboración entre Banco Santander, a rede de Cámaras de Comercio e os medios de comunicación locais.

O Premio Peme do Ano 2017 de Ourense estivo aberto a pequenas e medianas empresas, de menos de 250 empregados, cunha facturación anual inferior aos 50 millóns de euros no exercicio 2016 e con sede social na provincia de Ourense.



Programas y servicios
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
www.globalapostille.us Birth certificate apostille, apostille documents. Texas apostille. Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.