Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» A CÁMARA DE COMERCIO DE OURENSE ANALIZARÁ AS CLAVES PARA VENCER O MEDO ESCÉNICO E A ARTE DE FALAR EN PÚBLICO

A Cámara de Comercio de Ourense celebrará o próximo luns, día 30, dous seminarios nos que se analizarán por un lado, "As claves para vencer o medo escénico" e por outro "A arte de falar en público".

O primeiro de eles, conceptuado como Seminario reparacional, "As claves para vencer o medo escénico" celebrarase o luns en horario de 9.30 a 14.30 horas.

Xa pola tarde desenvolverase o Seminario vivencial, "A arte de falar en público" que terá lugar en horario de 16.00 a 21.00 horas.

Ambos os dous seminarios serán impartidos polo conferenciante, Marcelo Castelo, considerado entre os grandes expertos da persuasión do país, escritor e membro da axencia internacional ThinkingHeads. Marcelo Castelo é autor da teoría de comunicación A transición de fase e do libro El cliente morreu. ¡Viva o cliente!. Escritor, divulgador e conferenciante está entre os pouco máis de 300 integrantes de ThinkingHeads, fábrica de ideas da que forman parte personalidades como Mario Vargas Llosa, Joseph Stigliz, MijailGorbachov, Felipe González ou Richard Branson.

As inscricións poden facerse a través da páxina web www.camaraourense.com.



Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.