Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» Cámara e Concello de Ourense Convocan o Concurso de Escaparates de Nadal Axudando ao Fomento das Compras no Comercio Local

- Repartiranse 1.900 euros en premios para os participantes no concurso.
- O público poderá votar polo seu escaparate favorito a través da web da Cámara de Comercio e da Concellería de Comercio de Ourense

Ourense, 30 de novembro de 2016.

A Cámara de Comercio de Ourense acolleu esta mañá a presentación do 27º Concurso de escaparates de Nadal, un dos de máis antigüidade de España. Este certame, que nace co propósito de recoñecer o esforzo dos comerciantes á hora de espallar o espírito de Nadal polas rúas da cidade, repartirá 1.900 euros en premios e, os ourensáns poderán votar online polo seu favorito, que levará o premio do público.

Estamos ante a edición número 27 na cidade, e sempre coa mesma filosofía, que é a de premiar os escaparates que destaquen pola súa creatividade, iluminación e composición. Por iso, non podemos perder esta fabulosa iniciativa na que non se fai outra cousa que animar a todos os establecementos comerciais da cidade a dinamizar o seu propio negocio. Un total de 1.900 euros en premios que sen dúbida animarán a propios e alleos a esforzarse en engalanar este Nadal”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. “Unha cidade coma a nosa síntese orgullosa do comercio local, do pequeno comercio, pois está escrito no seu ADN. Porén, concursos coma o de Nadal non están destinados exclusivamente ao pequeno comercio senón a todo o público da cidade. Vimos de acender o alumeado de Nadal da cidade, sendo unha das tres localidades primeiras de todo España en facelo. E o alumeado vén intrinsecamente ligado a esa chamada maxia do Nadal”, sinalou o rexedor ourensán.

Pola súa banda, o presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada Rúa, destacaba “a importancia do concurso creando conciencia sobre a importancia do escaparate como imaxe externa dun negocio, a súa tarxeta de presentación e el primeiro impacto visual que recibe o cliente, influíndo en en moitas ocasións na súa decisión de compra”.

Nas bases do certame establécense tres premios e diploma nos comercios da capital -o primeiro de 800 €, o segundo de 600 € e o terceiro de 400 €- así como un premio de 100 € ao mellor escaparate por votación popular. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o 16 de decembro ás 14.30 horas, e as inscricións deberán realizarse na Cámara de Comercio ou na Concellería de Cultura achegando unha fotografía do escaparate.

No período 2006 a 2015, foron casi 3.000 os establecementos comerciais os que participaron en toda a provincia neste concurso de escaparates. Este ano, co apoio da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, da Concellería de Cultura do Concello de Ourense e do Grupo Caldaria, quérense acadar cifras de récord.



Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.