Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» Inscripcións Concurso de Escaparates de Nadal

Ourense recupera o concurso de escaparates de Nadal axudando ao fomento das compras no comercio local.
  • Repartiranse 1.900 euros en premios para os participantes no concurso.
  • O rexedor destacou a importancia de recuperar un concurso no que participaron máis de 2.000 comercios ata o de agora.
  • O público poderá votar polo seu escaparate favorito a través da web da Cámara de Comercio e da Concellería de Comercio de Ourense.


Ourense, 25 de novembro de 2015.

 Concurso Escaparates 2015
 Faga click na imaxe.

 A Cámara de Comercio de Ourense acolleu esta mañá a presentación do 26º Concurso de escaparates de Nadal, un dos de máis antigüidade de España. Este certame, que nace co propósito de recoñecer o esforzo dos comerciantes á hora de espallar o espírito de Nadal polas rúas da cidade, repartirá 1.900 euros en premios e, como novidade, os ourensáns poderán votar online polo seu favorito, que levará o premio do público.

“Recuperar o Concurso de Escaparates é algo que ilusiona e fai ver que Ourense segue vivo e brilla con luz propia”, dixo o alcalde, Jesús Vázquez, en alusión á campaña de Nadal presentada onte no Concello de Ourense. “Despois de 26 anos de celebración ininterrompida ata o ano 2012, é hoxe emocionante asistir á recuperación deste certame tan fermoso que elixirá os mellores escaparates da cidade”, aseguraba.

Pola súa banda, o presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada Rúa, destacaba “a importancia do concurso creando conciencia sobre a importancia do escaparate como imaxe externa dun negocio, a súa tarxeta de presentación e el primeiro impacto visual que recibe o cliente, influíndo en en moitas ocasións na súa decisión de compra”.

Nas bases do certame establécense tres premios e diploma nos comercios da capital -o primeiro de 800 €, o segundo de 600 € e o terceiro de 400 €- así como un premio de 100 € ao mellor escaparate por votación popular, novidade desta edición. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o 2 de decembro, e as inscricións deberán realizarse na Cámara de Comercio achegando unha fotografía do escaparate.

No período 2006 a 2012, foron 2.550 os establecementos comerciais os que participaron en toda a provincia neste concurso de escaparates. Este ano, co apoio da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, da Concellería de Comercio do Concello de Ourense e del Grupo Caldaria, quérense acadar cifras de récord.

Concurso Escaparates 2015


Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.