Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » ENCONTRO EMPRESARIAL EN ALEMAÑA (FEIRA ANUGA). ABERTA CONVOCATORIA


A Cámara de Comercio de Ourense ven de abrir a convocatoria para unha nova acción de internacionalización en outubro e que terá como país obxectivo Alemaña. O encontro empresarial coincide ademais coa feira Anuga, en Colonia, dedicada aos produtos de agroalimentación e bebidas.

A acción desenvolverase do 9 ao 15 de outubro e está dentro do programa de Accións Complementarias de Cámara España, co apoio dos fondos Feder e mailo Igape.

A convocatoria, aberta a todas as empresas da comunidade, coincide coa feira Anuga, onde os empresarios galegos poderán elixir unha fórmula de participación, ben como visitante ou como expositor. Ademais, a delegación poderá organizar as reunións de traballo que estimen oportuno noutros puntos do país.

Para a última edición de Anuga, celebrada en 2013, a Cámara de Comercio de Ourense tamén liderou unha delegación profesional que contou coa presenza de trece empresas galegas. Nesa edición, a feira tivo 155.000 profesionales de 187 países, o que amosa a importancia deste salón.

Para este ano cacúlase que 6.800 expositores de 100 países se darán cita no encontro feiral máis grande da industria alimentaria internacional, integrada á súa vez por dez feiras profesionais específicas. Os organizadores destacan o novo foco de atención posto nos alimentos veganos, así como a especial atención que por segundo ano consecutivo terán os aceites de oliva de todo o mundo.



Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.