Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » PLENO DA CÁMARA DE COMERCIO


Prestación de servizos, achegas voluntarias e financiamento público son as tres vías de ingreso que a Cámara de Comercio de Ourense utilizará para soster a súa actividade e atender as necesidades dos empresarios. Así consta no plan de acción presentado esta tarde aos membros do pleno que, reunidos en sesión ordinaria, tamén coñeceron en detalle a memoria de actividades de 2014 e aprobaron a liquidación das contas correspondentes ao pasado exercicio.

     
     


O pleno comezou coa benvida do presidente, Juan Carlos Parada Rúa, a Rubén Saavedra Pedreira, que como director territorial de Ourense de Abanca se incorpora ao pleno en substitución de Amadeo Rodríguez Piñeiro.

O plan, no que estiveron a traballar nos últimos meses o Comité Executivo e os técnicos da entidade, ten como obxectivo garantir a sostibilidade da Cámara e a súa actividade. Para iso abrirá tres vías de ingresos.

A primeira delas chegará pola prestación de servizos e o desenvolvemento doutras actividades habituais da Cámara, como a expedición de certificados de orixe para exportación. En breve e a través da rede cameral potenciarase tamén a expedición doutros certificados como son os de libre venda, pertenza ao censo, tamaño empresarial e recoñecemento e notoriedade de marca. Impulsarase ademais o uso e aluguer das instalacións da Cámara, tanto na súa sede central coma no Viveiro, por parte de empresas, asociacións e outros colectivos. Neste sentido cabe apuntar que as empresas que realicen achegas voluntarias terán ata un 50% de desconto no custo dos servizos camerales.

A segunda vía de ingresos é a principal novidade deste plan, pois considera as achegas voluntarias das empresas adscritas á Cámara. Con esta finalidade deseñouse un sistema de cotas anuais determinado pola facturación de cada empresa, comezando polos autónomos e novos negocios -con ata dous anos de actividade- que achegarían 75 euros, seguindo cunha escala de facturación de sete tramos que se inicia no medio millón de euros (con 120 de cota) e finaliza en facturacións superiores a dez millóns (ata 1.900 euros de cota). Neste punto convén recordar que segundo a nova Lei de Cámaras, un sexto das futuras vocalías do pleno (na actualidade serían cinco) estará reservado ás empresas de maior achega voluntaria.

A terceira vía de ingresos procede do financiamento público, a través da realización de programas ou en virtude de convenios de colaboración subscritos coas administracións públicas, tal e como se vén realizando dende hai anos.

A proposta inclúe ademais a paulatina posta en marcha dun novo modelo cameral con seis eixes fundamentais de actuación, como son a creación de empresas, internacionalización, innovación e competitividade, formación dual, arbitraxe e mediación e as relacións institucionais, apartado este último no que se engloba, por exemplo, unha das apostas máis recentes das Cámaras: a simplificación dos trámites e a comunicación electrónica coas administracións.

Preto de 4.000 usuarios en 2014
Con este plan de acción, a Cámara aspira a recuperar o nivel de servizos empresariais do que facía gala en 2010, ano da imposta reforma da norma cameral. E malia a complexa situación, Cámara Ourense atendeu en 2014 a preto de 4.000, entre empresarios, emprendedores, autónomos e traballadores que participaron no centenar de accións realizadas ou fixeron uso dos distintos servizos e programas.

Así consta na Memoria de Actividades presentada no pleno, documento no que destaca a contribución da Cámara á posta en marcha 81 iniciativas empresariais, xa fose a través do Punto de Atención ao Emprendedor (Punto PAE) ou o programa de Apoio Empresarial ás Mulleres (Paem). Tampouco hai que esquecer outros nove proxectos que seguen crecendo no Viveiro de Empresas Fernando Fontán e o apoio técnico prestado ao Viveiro de Empresas do Concello do Barco.

Destacan tamén os 5 programas de creación e consolidación de empresas realizados, onde os 114 participantes sentaron as bases para o desenvolvemento de 82 proxectos empresariais e 16 plans de mellora para negocios en marcha.

A cifra total de usuarios da Cámara inclúe os 983 alumnos que asistiron ás máis de 70 accións formativas programadas.

Cabe apuntar ademais a posta en marcha en 2014 de novos programas como InnoCámaras, para impulsar a innovación; TIC Cámaras, para a implantación das tecnoloxías da información e comunicación; o Instituto Cameral de Idiomas, con seis opcións e certificados oficiais; ou a plataforma c-Oficce, para promover a implantación da e-Administración.

Liquidación de contas de 2014
A sesión desta tarde incluía na súa orde do día a presentación e aprobación das contas e liquidación do presuposto correspondente ao exercicio 2014.

O documento de liquidación reflicte uns ingresos realizados de 577.794,10 euros, incrementándose un 8,75 % respecto o exercicio de 2013, e uns gastos executados de 918.742,98 euros.

En canto aos ingresos destaca o incremento dos recursos non permanentes da Cámara nun 22,09 % en comparación co exercicio anterior, debido fundamentalmente á prestación de servizos. Sobre os gastos, o informe sinala unha redución do 8,75 % grazas á eficiencia na xestión interna e diaria da Cámara.



Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.