Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» A Cámara inicia o seu terceiro plan de apoio ao comercio minorista para mellorar a súa competitividade

A Cámara de Comercio de Ourense acaba de poñer en marcha un novo plan integral de apoio á competitividade do comercio minorista, co que facilitará aos comerciantes da provincia o acceso a diagnósticos do punto de venda e plans titoriais para o negocio. Este é o terceiro plan que desenvolve a Cámara, do cal se beneficiaron 140 comerciantes nas dúas edicións anteriores.

O programa está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e pola Secretaría de Estado de Comercio, coa colaboración das Cámaras de Comercio e é totalmente gratuíto para os participantes.

O plan integral de apoio á competitividade inclúe entre as súas accións un diagnóstico do punto de venda, onde un asesor identifica as debilidades e potencialidades do negocio e sobre as que, tras a súa análise, realizará unha serie de recomendacións e propostas de actuación.

Os participantes tamén terán acceso a un plan titorial de comercio, mediante o cal un consultor orientará o traballo e os investimentos que será preciso facer nunha ou varias das áreas que sexan de interese para o empresario.

Como atraer clientes
O punto de partida do programa será un taller previsto para o xoves, día 4, que impartirá o coñecido consultor Fernando Sánchez Salinero. Titulado Como atraer clientes ao meu negocio, o propósito é incrementar o número de clientes analizando factores como o mercado, a publicidade, a orientación estratéxica, novas liñas de negocio ou técnicas de fidelización. Todo iso para que o seu negocio se converta na primeira opción dos seus clientes cando pensen en comprar algo que eles venden.

Verín e O Barco de Valdeorras tamén acollerán en próximas datas talleres similares sobre outros temas de interese para os empresarios do sector.

Téxtil, a rama con maior demanda
A posta en marcha deste terceiro plan vén avalada pola significativa resposta de comerciantes. Máis de 80 emprendedores e empresarios acolléronse o pasado ano ao programa, co que xa suman 140 nas dúas edicións.

Se ben os negocios acollidos ao plan pertencían a diferentes ramas do comercio, o téxtil foi a actividade maioritaria. Así mesmo, as accións realizadas tamén puxeron de relevo o interese que os propietarios máis novos teñen por impulsar os seus negocios, que en liñas xerais tiñan unha antigüidade inferior aos cinco anos.



Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.