Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Programa LeanCámaras. Ampliado ás demarcacións de Ferrol e Lugo


As Cámaras de Comercio de Ourense, A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo y Vilagarcía de Arousa acaban de abrir unha convocatoria pública de axudas para a participación no programa LeanCámaras, cuxo obxectivo é contribuír á mellora da competitividade das pemes industriais. Os plans de mellora que leven a cabo as empresas participantes poderán acceder a subvencións de ata o 80% a fondo perdido.

Financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), Xunta de Galicia e Cámara Ourense, LeanCámaras facilita o desenvolvemento subvencionado de plans de axuda á mellora baseados na metodoloxía Lean Manufacturing, un modelo de xestión orientado á consecución dunha produción axustada, sen dilapidacións, con flexibilidade e posibilidades de cambio. Para iso, a empresa contará cun consultor experto que o guiará ao longo de todo o proceso de implantación do plan de axuda á mellora.

O programa consta de dúas fases. En primeiro lugar, un titor especializado realiza un diagnóstico da empresa para obter unha visión global desta e orientar os plans de acción.

A segunda fase é a de implantación do plan de axuda á mellora. Outro consultor guiará ás empresas no desenvolvemento e posta en marcha do citado plan, cuxos resultados estarán orientados a mellorar da competitividade da empresa.

Todas as empresas interesadas poden obter máis información na Cámarade Comercio de Ourense ou na nosa web.



Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.