Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» Cámara e Concello de Ourense porán en marcha dous proxectos de emprego local e promoción termal

Apoio ao emprego e promoción do turismo termal son os dous ámbitos de actuación nos que traballarán de forma conxunta a Cámara de Comercio e o Concello de Ourense, tal e como anunciaron hoxe o concelleiro de Emprego e Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, e o presidente da Cámara, Juan Carlos Parada. Dous proxectos que, en palabras do representante municipal, se desenvolverán cunha entidade que fixo moito por Ourense e a súa provincia e que, segundo o presidente da Cámara, reforzan a colaboración institucional.

Apoio ao emprego
A primeira das accións enmárcase nunha iniciativa da Cámara de Comercio de España e que permitirá a Cámara e Concello poñer en marcha un programa local de Apoio ao Emprego. O seu obxectivo é dinamizar o mercado de traballo e mellorar a empleabilidade e as taxas de inserción, sobre todo daqueles colectivos máis desfavorecidos.

O programa incluirá catro accións: unha feira para emprendedores; un servizo de orientación para a creación de empresas; accións formativas específicas para emprendedores; e incentivos á contratación de desempregados.

O proxecto ten un presuposto de 148.000 euros, dos cales o 80% serán achegados polo Fondo Social Europeo a través de Cámara España e o 20% restante polo Concello.

Promoción do turismo termal.

Promoción termal
A segunda liña de colaboración na que traballan Cámara Ourense e o Concello terá como eixe un plan de promoción do turismo termal. A idea é utilizar a rede de Cámaras de Comercio existentes tanto en España -88- coma no estranxeiro -35- para posicionar á cidade de Ourense como destino termal.

Ao igual que o proxecto anterior, o plan de promoción inclúe varias accións como a presentación de Ourense como destino termal nun número importante de sedes da rede cameral, xornadas informativas tamén nas citadas sedes e a organización dun foro de investidores.

Colaboración estratéxica
"Este plan entendemos que é estratéxico para a nosa cidade", declarou o edil José Ángel Vázquez Barquero, quen subliñou o importante labor realizado pola Cámara de Comercio en todos estes anos a favor da cidade, do seu comercio, dos empresarios e da promoción da provincia, citando expresamente o caso de Expourense como un proxecto nacido e impulsado a instancias da Cámara.

"O desenvolvemento destes proxectos -engadiu- é o mellor xeito de dar contido á colaboración cunha Cámara de Comercio do século XXI, pensando non só nos servizos que tradicionalmente se veñen prestando aos comerciantes e empresarios, senón tamén pensando no resto de institucións".

Pola súa banda, o presidente da Cámara destacou que ambos os dous proxectos son "o froito dun intenso traballo e relevantes tanto para a cidade coma para a Cámara, pero sobre todo para os empresarios". Juan Carlos Parada agradeceu ao Concello "a receptividade e sensibilidade que ten coa Cámara de Comercio nestes momentos", facendo referencia directa á complexa situación pola que atravesan das Cámaras.

"Sabemos que a Cámara é viable -engadiu- e ademais non recortamos ningún servizo, traballamos estes cinco anos con recursos propios e dende hai tempo fixemos os nosos deberes en materia de xestión, polo que entendemos que a entidade é viable e os empresarios son os que deben defendela”.



Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.