Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir» Presentación oficial da Cámara de Comercio de España

O Rei Felipe VI afirmou hoxe que a Cámara de Comercio de España se converterá nun foro fundamental no que se propoñerán e debaterán importantes iniciativas económicas, "xa que no seu pleno están representados os principais actores da economía española,". Así expresouse durante o acto de presentación oficial da Cámara de España, que preside o empresario José Luis Bonet, e no que interveu tamén o Ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos.

"A Cámara -afirmou Don Felipe- nace con todos os elementos necesarios para conseguir os fins específicos polos que foi creada e lidera unha ampla rede de Cámaras de Comercio, tanto en España coma no exterior, o que lle vai permitir colaborar coas empresas, grandes e pequenas, en todo o mundo". Así mesmo, Don Felipe referiuse aos campos nos que a Cámara está destinada a facer unha contribución moi valiosa e se referiu expresamente á internacionalización, educación, competitividade e axuda a pemes e autónomos.

Sobre a internacionalización, Felipe VI destacou que é imprescindible que as empresas saian ao exterior e que o progreso económico de España e o futuro das novas xeracións depende en boa medida de como se aborde este reto. Neste sentido, manifestou que "non só son as empresas as que deben internacionalizarse, é necesario que esta visión global impregne o noso sistema educativo, a nosa investigación e á sociedade española no seu conxunto".

Pemes e autónomos
En canto ao apoio a pemes e autónomos, o Rei afirmou que forman unha parte esencial no tecido produtivo, por iso "é necesario que as nosas pemes melloren a súa tecnoloxía, se dixitalicen, aumenten a súa dimensión, se fortalezan financeiramente e se internacionalicen".

Para Don Felipe a competitividade é un compoñente clave "se queremos desenvolvernos con resultados positivos no mundo globalizado". Por último o Rei animou a Cámara a manterse aberta a diferentes iniciativas e a estar activa naquelas áreas que contribúan ao progreso da nosa sociedade.

Pola súa banda, o Ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, destacou o cambio de traxectoria claro da economía española, grazas ao esforzo da sociedade española e as reformas estruturais postas en marcha nos últimos anos. Agora ben, tamén subliñou que "non debemos ser compracentes, seguimos tendo importantes desequilibrios, unidos a un contexto internacional que non está exento de desafíos".

Sobre a Cámara de España, Guindos destacou que vai ter un papel como órgano aglutinador das empresas, especialmente das pemes, que teñen que vencer os retos que teñen formulados e conseguir, deste modo, consolidar a súa integración completa nas canles internacionais".

O presidente da Cámara de Comercio de España, José Luis Bonet, destacou durante a súa intervención que a nova Cámara aglutina os actores máis importantes do mundo económico: grandes empresas, Cámaras de Comercio, representantes das organizacións empresariais, os autónomos e unha ampla representación ministerial. "A suma dos valores que representan cada un dos actores participantes na nosa estrutura, debe favorecer a excelencia nos proxectos de apoio ás empresas". Tamén destacou a colaboración público-privada, no que se basea o novo proxecto de Cámaras de Comercio.

España -subliñou Bonet- chegou tarde á globalización, o que fai aínda máis urxente poñer remedio a este problema. Temos empresarios con ideas para facelo, sobre a base da calidade, a tecnoloxía e a marca. Só necesitan o suficiente impulso para contrastar coa realidade do mercado os seus proxectos, porque a internacionalización das nosas empresas deber de calidade, con valor engadido e marca".

Bonet subliñou que a mellora da competitividade e o incremento da internacionalización serán os dous eixes centrais que van definir a actividade da nova Cámara. Durante a súa intervención fixo unha acendida defensa da figura do empresario e reivindicou o seu papel como xerador de riqueza e de emprego e especialmente do traballo de miles de pequenos empresarios e autónomos e resaltou a necesidade de conseguir un sistema económico que chegue a todos.

Por último, Bonet quixo reafirmar o compromiso das Cámaras de Comercio para construír o sistema económico e o tecido empresarial que necesita España no século XXI.

Amplo apoio empresarial
O acto de presentación oficial da Cámara de España contou co apoio da Casa Real, do Goberno -xunto a Luis de Guindos asistiron os ministros Ana Pastor e José Luis Soria -e dos máximos representantes de grandes empresas, como a presidenta do Banco Santander e vicepresidenta da Cámara de España, Ana Patricia Botín; o presidente de Telefónica, César Alierta; o presidente de Repsol, Antonio Brufau; o presidente de El Corte Inglés, Dimas Gimeno; o presidente de ACS, Florentino Pérez; presidente de Técnicas Reunidas, José Lladó; Mapfre, Antonio Huertas; ou de Endesa, Borja Prado, entre outros.

A Cámara de Comercio de España, que preside o empresario José Luis Bonet, constituíuse o pasado 19 de novembro. O seu comité executivo e pleno están constituídos por representantes de grandes empresas, administración pública, axentes sociais e Cámaras de Comercio, configuración que abre unha gran liña de actuación sobre as pequenas e medianas empresas. A Cámara de España está apoiada por unha rede de 88 Cámaras de Comercio no interior e 36 no exterior.


Antenas Locais
Programas y servicios
Instituto de Idiomas
Programa de Emprendimiento Juvenil 2016
Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088 Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.