Cámara Ourense *
 INICIO    A CÁMARA    OFICINA DE PRENSA   SERVIZOS   DIRECTORIO   Contacto   Español   Galego  
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
c
Imprimir » Certificacións empresariais das Cámaras para garantir as actividades das pemes

As Cámaras de Comercio ampliaron o seu catálogo de certificacións e, a partir de 2015, ademais dos certificados que se emiten actualmente, expedirán catro novos certificados: pertenza ao censo, recoñecemento e notoriedade de marca, tamaño empresarial e  libre venda e consumo. As Cámaras levan 125 anos emitindo certificados xa que, como corporación de dereito público, exercen de terceiro de confianza e teñen atribuída a competencia de expedir certificacións relacionadas coas actividades mercantís, industriais e de servizos das empresas.

Así, as pemes poderán solicitar estes novos certificados:

Certificado de recoñecemento e notoriedade de marca para potenciar a imaxe das pemes no exterior
Este Certificado serve para outorgar un carácter distintivo ás empresas e as súas marcas sobre a base dos seus produtos e/ou servizos, ben no seu sector, ben nunha demarcación territorial. Ademais permite realizar trámites para a internacionalización da marca e evita controversias sobre o uso dunha marca en procesos xudiciais.

Certificado de libre venda e consumo, garantía de produto noutros países
Trátase dun requisito para poder rexistrar produtos ou marcas noutros países. As autoridades sanitarias, ou os propios importadores dalgúns países (sobre todo latinoamericanos) solicitan que os produtos a exportar vaian acompañados dun documento que certifique que este é de libre venda ou comercialización no país de procedencia.

Certificado de pertenza ao censo empresarial para axilizar trámites
Acredita que a empresa figura inscrita no censo público de empresas na data de expedición e dende unha data determinada, indicando os epígrafes do IAE e Actividades, existencia ou non de establecemento mercantil desta na demarcación da Cámara, así como a antigüidade da empresa no censo. Ademais, este Certificado permite cumprir cos requirimentos para participar en concursos públicos coas administracións públicas e licitacións; facilita operacións no exterior e asistir a feiras no estranxeiro; posibilita axilizar trámites con determinados organismos oficiais; demostra a antigüidade no censo; determina e localiza o lugar no que unha entidade realiza unha actividade comercial ou empresarial.

Certificado de tamaño empresarial para acreditar o tamaño da túa empresa
Acredita o tamaño da empresa de acordo á clasificación establecida na normativa e definicións da Unión Europea. Este certificado determina que empresas poden acollerse aos programas ou ás políticas da Unión Europea, ademais, axiliza trámites e mellora o acceso das pemes a liñas de financiamento, axudas, subvencións, novas tecnoloxías e innovación.


Programas y servicios
eAdministración
InnoCamaras
Plan TIC
Destino Alemania
Antenas Locais
Europe Direct

Avd. de La Habana 30-bis 32003 Ourense Teléfono: 988233116 Fax: 988233088
Mapa Web    Protección de Datos   
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, recopilar información estatística sobre a súa navegación e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Se continua navegando, consideramos que consinte e acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí.